Gran partido feito polo equipo do San Lorenzo, que derrotou na final ao equipo invicto como era o Videoclub Yáñez. O equipo de Salvaterra fixo un partido impecable, dominado en todo momento o partido e o control do balón. Na parte defensiva os locais taparon moi ben aos seus xogadores claves, e deu como froito o resultado final de 7 a3 a favor do San Lorenzo que o proclama campión de copa.
O pavillón de aspecto presentaba un ambiente de festa e de espectáculos, as gradas estaban cheas e o publico non paraba de animar e cantar. Sobre todos os afeccionad@s do San Lorenzo, que en todo momento animaron e mimaron aos seus.
En canto ao partido, o San Lorenzo marcou o ritmo do partido, gracias a posesión de balón, e tamén a efectividade dianteiras dos seus goleadores. No minuto 7, Noel asistido por Ñito faría o 1 a 0, e tan só dous minutos despois en xogada individual, Noel poría o 2 – 0. Reaccionaria o conxunto de Ponteareas cun gol no minuto 11. Axustábase o marcador, pero non o xogo do equipo de Salvaterra, que a pesar de pasar un minutos de moitos apuros soubo sobrepoñerse a presión, en o minuto 18 Pablo a pase de Julito poría o 3-1. En no 20 Julito en xogada individual faría o 4 a 1. Un gol mais que daba moita moral ao San Lorenzo, de feito, antes de pitar o final da primeira metade, Noel faría o 5 a 1 para dar unha marxe de error mais larga.
A segunda metade comezou con forme presión visitante, así aos 3 minutos de xogo, o Videoclub Yañez recortaría distancias. Pero outro gol de Noel no minuto 9 poría de novo vantaxe de 4 goles. Destacar o partido de Noel, o que os seus compañeiros déronlle o titulo de M.V.P. do partido. . Xa no ultimo tramo de partido, os visitantes marcarían outro tanto, respondido tan só un minuto mais por Ñito. Resultado de 7 a 3 co cal se chegaría ao final de copa, e faría ao San Lorenzo campión da mesma.
Un partidazo que fai ao San Lorenzo campión de copas, cunha tempada extraordinaria, onde conseguiu catro títulos, liga e copa (doblete) e os trofeos ao equipo menos goleado e mais goleador. Dicir tamén, que aínda que non se chegou a gañar o trofeo a deportividade, quedou en segundo lugar, tan só superado polo Meirol F.S.
Un gran papel mostrado no 25 aniversario da federación galega de fútbol sala, no que o San Lorenzo quere tamén formar parte desta familia de privilexiados.
O San Lorenzo FS despide este marabilloso ano agradecendo aos seus colaboradores e a súa incansable afección o seu apoio e esperando a súa colaboración para a nova tempada.
FELICIDADES A TOD@S AS PERSOAS QUE COMPOÑEN ADC SAN LORENZO E OS SEUS SIAREIR@S....Un ano case perfecto... pero non irrepetible... O próximo ano, prometemos mais e mellor....Moitas gracias da xunta directiva por acompañarnos todos estes meses!!!
patrocinadores:
ADC San Lorenzo G-36.592.640
Os dereitos de propiedade intelectual da web adcsanlorenzo.com son titularidad de ADC San Lorenzo