Domingo, 5 de Setembro do 2010
Portada   > Noticias   > Fútbol Sala Feminino 


  Pechar  
SD NAVIA 4 - 5 SAN LORENZO FSF (16/05/10)
Vitoria loitada

Ver galería  Ver imaxes do partido S.D. Navia - San Lorenzo FSF
Ver comentarios  Non se fixerón comentarios

Partido correspondente a xornada número 17. O cadro lourenzá sae cun equipo potente con Yessi na portería e Ana, Cris, Pili e Lorena no campo, empezan os primeiros compases do encontro e xa se nota a táctica das nosas, control na liña defensiva enlazando moi bos contraataques, o que non tardaría moito en dar os seus froitos, xa que no minuto 4 Lorena culmina unha boa xogada individual de Pili con pase cruzado, 2 minutos máis tarde sería esta última, a que de xogada individual recuperando o balón na metade do campo, e encarando a varias contrarias, consegue sacar un forte disparo que bate a porteira local. No minuto 14 Carla a pase de Lorena sube outro tanto o marcador, e 1 minuto máis tarde son as locais as que estrearían o seu marcador con gol de Vanessa.

Xa na segunda metade mostraríase outro tanto do mesmo, anque cunha maior presión das locais que vían como se lles escapaba un partido que por clasificación de ámbolos 2 equipos parecía sinxelo pa elas, esta presión incrementaríase o máximo xa que no minuto 10 é Lara, sen dúbida a máis rápida das do Navia, a que conseguiría acurtar distancias. No minuto 14 as roxibrancas sorprenden nun córner, sacado perfectamente por Pili e rematado da mesma forma por Cris, para por o 2-4 no marcador. Seguían apertando as locais e de novo axustan o marcador no minuto 19 con outro gol de Lara. Ese vaivén de xogadas tanto nun área como na outra so se calmaría neses 2 minutos que dura un tempo morto, pedido de forma exemplar por Maite, adestradora das lourenzás, no cal so che da tempo pa recuperar un mínimo de folgos, e de novo a loita no campo. Xa no minuto 22 é Carla, quen facendo unha boísima xogada individual pola banda, daríalle un pase a Lorena que so tería que empuxalo balón o fondo da rede, coa portería valeira. O que parecía un golpe definitivo pa facerse coa vitoria, non era máis que un espexismo, xa que un minuto despois é de novo Lara quen consegue bater a nosa porteira e así facer que eses 2 últimos minutos fosen de todo menos tranquilizadores. Xa non habería tempo para máis, e así remataría un partido moi loitado polas nosas e deixando ese bo sabor de boca de haber feito as cousas ben.

Destacar a vitalidade e enerxía de Carla, ese pundonor no campo é digno de mención, e tamén a nosa porteira Jessy que está sendo un descubrimento nesta campaña na que non era a súa posición inicial.

  Ampliar 
anteriorplaypausastopseguinte
   compartir:   Twitter
 
  Comentarios
Iniciar Sesión
•  Non existen comentarios.
Volver
  patrocinadores:
Concello Salvaterra de MiñoAridos de MendoLareiras PachinhaPavintelAbril PublicidadKidea
Autos PazosMaderas FuentesFontanería Safonca GaliciaNosolomusicaTapería Veiga Draga
 
ADC San Lorenzo   G-36.592.640 Os dereitos de propiedade intelectual da web adcsanlorenzo.com son titularidad de ADC San Lorenzo
Power by:          n1kØ