Derradeira xornada de liga no que o San Lorenzo conseguiu ser o titulo na segunda división local do condado, derrotando no ultimo partido ao equipo da Cañiza, o Tino’s FS. Un partido que se puxo de cara dende os primeiros minutos, e terminou cun resultado final de 11 a 2 favorable ao conxunto de Salvaterra.
Un partido marcado polas ausencias por parte de ámbolos dous conxuntos, os locais contabas con 6 xogadores, e os visitantes, tan só con 5. Un factor que marcou o xogo do partido dende os primeiros minutos. E así, no terceiro minuto de xogo, Pablo asistido por Lobo faría o 1 a 0. De seguido, Julito, a pase de Pablo, faría o 2-0. Lobo o terceiro da tarde, e Pablo o cuarto. No minuto 18 de xogo, o San Lorenzo gañaba 4-0 e Isma marcaría un gol mais asistido por Fonso. Marcador de 5 a 0 co cal se chegaría ao descanso.
A segunda metade comezou do mesmo xeito ca primeira, e xa no primeiro minuto Lobo con gran disparo faria o 6-0. Pablo, tan so un minuto despois, o 7-0. Lobo a pase de Isma, o 8-0. Reaccionarían os visitantes, e Santiago, poria o 8 a 1 no marcador. Aínda que Isma, cunha gran asistencia de Julito, faría o 9 a 1. Volverían marcar os visitantes por medio de Santiago Troncoso. Na recta final do partido, Julito, dende o seu campo, faría o 10 a 2, e no minuto 43, Lobo a pase de Pablo poría o definitivo 11 a 2.
Destacar os xogadores; Lobo e Pablo, que marcaron 4 e 3 goles respectivamente. E a gran actuación do porteiro Joaquin, que fixo un gran partido.
Con esta victoria o San Lorenzo FSM proclamase campión de Liga, e ademais queda como equipo máximo goleador e menos goleado.
O próximo partido do San Lorenzo disputarase o 8 de maio, oitavos de final da copa, contra o Cafe Onde Sempre no pavillón das Neves.