Xornada vinte e tres da segunda división do Condado, disputada no pavillón de Mondariz, onde o San Lorenzo conseguiu o ascenso matemático a primeira división, xa que o terceiro clasificado atopase a mais de nove puntos, que son os que quedan en xogo.O conxunto de San Lorenzo foi superior ao conxunto de Ponteareas, aínda que en moitos compases do partido puxo contra as cordas ó equipo lourenzá .
Serian os de Salvaterra quen estrearían o marcador, xa que no minuto 2, Lobo asistido por Noel, faría o 0 a 1. E no minuto 14, Marce remata a gol un saque de esquina botado por Pablo. A partir deste momento o San Lorenzo baixaría os brazos e o CA Sportivo tería tódalas ocasións, e estivo en certos momentos de subir un tanto o marcador, pero o gol chegaría despois dunha pena máxima moi rigorosa que transformarían os locais no minuto 17 de partido. Este marcador non se movería ata a remate da primeira metade.
A segunda metade foi de claro dominio visitante, e os goles caerían ao seu favor. No minuto 29 Bruno, asistido por Pablo asinaría o 1 a 3. No 33, Lobo, despois dun gran pase de Joaquin subiría un tanto mais. E tan so un minuto despois Bruno faría o 1 a 5. Un minutos de desvaraxuste local que aproveitaría moi ben o conxunto lourenzá. Non remataría a racha goleador dos visitante, e no minuto 40, Bruno, para facer un hat-trick, poría 1 a 6. No ultimo minuto do partido, os locais aproveitaron un erro na defensa visitante para facer o definitivo 2 a 6. Tres grandes puntos que saben a ascenso.
Para a próxima xornada o San Lorenzo FSM xoga as 17:00 horas no pavillón de As Neves contra o ACD Sobroso. Moita sorte!